Tuesday 14 de May de 2024

Inaugurada a mostra dos cursos de pintura


O Museo do Traxe acolleu onte a inauguración da mostra de pintura levada a cabo polos alumnos e alumnas dos cursos de pintura organizados polo Concello de Ordes. Unha cita na que se congregou numeroso público que abarrotou o auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares, espazo onde se poderá visitar a mostra completamente de balde ata o vindeiro martes. Entre os que xa puideron contemplar o centenar de cuadros que a compoñen estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como moitos e moitas dos concelleiros e concelleiras do Goberno Local.